Friday 19 de April de 2024

O Concello de Noia continúa co seu plan de instalación de anclaxes de contedores de lixo


 

O Concello de Noia continúa instalando dispositivos de anclaxe e cerramento de contedores de lixo no municipio. Nos últimos días, a Concellería de Medio Ambiente que dirixe Ángela Neri procedeu á anclaxe de cinco puntos de recollida de lixo en Bergondo, no Campo de Noia e na rúa Carcasía.

Os dispositivos instalados constan dunha columna central na parte posterior do depósito que serve de fixación a unha barra de aceiro inoxidable en forma de “U” que recolle o contedor e evita o seu movemento. Unha actuación que evita o desprazamento accidental dos depósitos, no caso de vento ou temporal, e supón un aumento da seguridade viaria na zona.